Bases do sorteo

O SORTEO XA REMATOU

BASES DO SORTEO

I. OBXECTO

A ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS //EMGROBES//, desenvolverá do 22 de abril de 2019 ao 5 de maio de 2019, ambos inclusive, a promoción “CAMPAÑA DO DÍA DA NAI 2019” (de aquí en diante CAMPAÑA). Esta Campaña pretende transmitir aos consumidores un atractivo promocional que incentive a realización das compras nos establecementos asociados adheridos, ofrecendo a posibilidade de acadar importantes premios.

2. ÁMBITO DE PROMOCIÓN

Esta promoción terá o seu ámbito nos establecementos comerciais e demáis empresas integradas en EMGROBES e C.C.A. “DE TENDAS”, que decidan voluntariamente participar na mesma (sempre e cando os mesmos atópense abertos ao público e en normal funcionamento durante o período indicado). Un establecemento que non participe na campaña non poderá entregar os códigos da promoción nin canxear os vales compra.

As bases estarán dispoñibles na páxina web www.sorteosdetendas.com

3. PREMIOS

Os premios que constitúen a presente campaña serán os seguintes:

Sortearáse entre todos os participantes na campaña que introduzan o seu código na web sorteosdetendas.com 450 € en vales compra(2 DE 100€, 5 DE 50€) que despois poderán canxealos nos establecementos integrantes no CCa de Tendas que participaran na campaña.

Entre todos os boletos rexistrados na web www.sorteosdetendas.com durante o prazo de duración da campaña (22/04/2019 ao 5/05/2019 ambos incluídos), sortearanse vales compra de 100 e 50 € por valor máximo de 450 €, esto significa que ó rexistrar o código introducido, lles solicitarán uns datos que entrarán no sorteo, o día 6 de maio, dos vales compra.

A persoa que reciba un premio, quedara excluida dos sorteos dos premios siguientes.

A ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS //EMGROBES// resérvase o dereito a entregar aos gañadores outro premio de iguais ou similares características.

4. DEREITO A PARTICIPAR E ACCESO Á PROMOCIÓN.

Trátase dunha promoción dirixida aos clientes-consumidores das empresas asociadas EMGROBES-CCA DE TENDAS. Pode participar calquera persoa física que realizara algunha compra ou servizo no comercio ou empresa asociada durante o período de vixencia da promoción (22 de abril de 2019 ao 5 de maio de 2019 incluídos).

A cada cliente pola súa compra entregaráselle unha ou varias tarxetas. Cada tarxeta, contará cun código impreso único alfanumérico, válida para un só uso, que o consumidor poderá validar calquera día da semana, as 24 horas do día e ata ás 23:59 h do 5 de maio de 2019 a través da web: www.sorteosdetendas.com. Chegado ese momento, rematará a posibilidade de que os participantes continúen validando códigos. O establecemento participante poderá entregar o número de códigos polas compras realizadas ó seu criterio.

Aquelas persoas que non conten con medios técnicos ao seu alcance, poderán acudir á sede da Asociación para validar os seus códigos.

Para participar os usuarios deberán introducir os datos do código único da súa tarxeta. De seguido, deberán rexistrarse con datos:

NOME
APELIDOS
TELÉFONO
DATA DE NACEMENTO (campo opcional)
E-MAIL
LOCALIDADE DE RESIDENCIA

Na promoción entran en xogo os códigos, non o rexistro da persoa, polo que cantos máis códigos teña unha persoa acumulados, máis posibilidades terá de resultar premiado. Os gañadores serán publicados na páxina web da campaña www.sorteosdetendas.com e serán contactados polo promotor dacordo cos datos do rexistro. É imprescindible gardar o CÓDIGO posto que se lle solicitará, si resulta premiado.

Cada cliente poderá participar tantas veces como códigos obteña mediante a compra ou contratación de servizos, aumentando deste xeito as súas probabilidades de resultar agraciado cun premio.

A presente promoción farase con igualdade de oportunidades e con estricto respecto ás normas básicas da boa fe. Por elo, calquera utilización abusiva ou fraudulenta destas Bases dará lugar á conseguinte exclusión do participante na promoción.

Todos os datos introducidos polo participante deberán ser veraces. No suposto de que o participante rexistrárase con datos falsos ou utilizara de xeito inadecuado tecnoloxía informática para acadar obxectivos fraudulentos, non se terá en conta e quedará excluído da promoción e da posibilidade de optar a premio algún.

A constatación de calquera destas circunstancias suporá a descalificación automática do participante. No caso de constatar as citadas irregularidades con posterioridade á aceptación do premio, A ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS //EMGROBES//, resérvase o dereito a exercitar todas as accións legais que lle asistan contra os infractores.

5. ENTREGA E ACEPTACIÓN DOS PREMIOS

Para a entrega dos PREMIOS ADXUDICADOS, unha vez realizado o sorteo e informados os premiados mediante chamada telefónica, email ou whatsap, no prazo de 7 días hábiles o premiado deberá acreditar a súa condición de gañador dirixíndose á sede da Asociación para recoller os vales compra que lle tocaron de premio, séndolle requerido o código premiado.

Ningún dos premios da presente promoción poderá ser obxecto de cambio, alteración, compensación o cesión a petición dos gañadores.

Estes PREMIOS serán entregado no momento en que o gañador acredite dita condición e poderán ser canxeados nos establecementos participantes no prazo dun mes dende que se entregan.

7. OUTRAS CONDICIÓNS DOS PREMIOS

En calquera dos casos, os premiados deberán entregar a tarxeta co código premiado, nos prazos establecidos previamente para a identificación do premiado.

A ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS //EMGROBES// resérvase o dereito a non aceptar tarxetas de códigos ilexibles, manipulados, falsos ou con calquera defecto ou anomalía que impidan o seu recoñecemento ou validez de participación nesta promoción.

O período de reclamacións ao promotor finaliza en 7 días hábiles transcurridos dende a comunicación ao gañador.

8. LIMITACIÓNS PARA PARTICIPAR

A ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS //EMGROBES// resérvase o dereito, se concurre causa xusta e previa comunicación de xeito legal, a efectuar calquera cambio, suspender ou ampliar esta promoción.

A simple participación implica a aceptación destas bases na súa totalidade, polo que a manifestación, no sentido da non aceptación das mesmas, implicará a exclusión do participante e, como consecuencia, A ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS //EMGROBES//, quedará liberado do cumprimento da obriga contraida con dito participante.

Así mesmo, os participantes comprométense a admitir a decisión interpretativa que A ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS //EMGROBES// poida darlle sobre as presentes bases ou sobre calquera cuestión derivada da promoción contemplada nestas.

O gañador de calquera dos premios non poderá ser o propietario/titular/socio, os seus empregados, cónxuxe, nin familiar de 1º grao descendente ou ascendente (fillos/pais) do establecemento onde fora entregada a tarxeta de código. Dada a imposibilidade material por parte do A ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS //EMGROBES// de identificar as persoas mencionadas anteriormente, de resultar calquera de elas agraciadas e de coñecerse tal circunstancia, excluirase como premiado quedando deserto.

Así mesmo, se a persoa que figura no boleto gañador fose un menor, poderá representalo os seus pais ou titor legal.

9. EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADES

A ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS //EMGROBES//, non se responsabiliza do uso que do premio realice o agraciado e non será responsable dos servizos nin produtos que terceiras empresas deban prestar con motivo do premio desta promoción.

A ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS //EMGROBES//, non será responsable se a tarxeta de código é ilexible, incorrecto, está danado, perdeuse, sustraíuse ou calquera outra circunstancia allea ao promotor que anule o dereito do gañador a reclamar o premio.

A ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS //EMGROBES//, non será responsable por danos e prexuízos de calquera natureza que poida deberse á falta temporal de dispoñibilidade ou de continuidade das redes de telecomunicacións ou a web ou o microsite mediante o cal participa na promoción. A ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS //EMGROBES//, non será responsable si ao tratar de contactar co teléfono do gañador ou o seu correo electrónico están fora de servizo ou non reciben axeitadamente.

10. DEREITOS E DEBERES DE PARTICIPANTES E GAÑADORES

REPERCUSIÓN FISCAL

A ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS //EMGROBES// non se fará cargo dos impostos ou devengos derivados da entrega dos premios da presente promoción, salvo aqueles que por imperativo legal correspóndalle satisfacer, e, no seu caso, practicará o ingreso a conta ou a retención que corresponda en virtude da lexislación aplicable.

Dado que os importes individuais dos premios da presente promoción non exceden da cantidade de 300€ que obriga á practica da retención según se recolle na Lei 35/2006 de 28 de novembro do IRPF, o Real Decreto 439/2007 de 30 de marzo polo que se aproba o Regulamento do IRPF e o Real Decreto 2004/2009 de 23 de decembro que modifica o anterior, non procede por tanto a realización de retencións por parte da ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS //EMGROBES//

A ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS //EMGROBES//, queda relevado de calquera responsabilidade relativa ás obrigas fiscais que para o agraciado pudieran derivarse da obtención do premio.

TRATAMENTO DOS DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

A efectos de dar cumprimento a L.O.15/1999, de 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal, A ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS //EMGROBES//, informa de que os datos proporcionados por calquera medio polos participantes da promoción na web www.sorteosdetendas.com serán incorporados a un ficheiro automatizado responsabilidade da entidade, coa finalidade de xestionar o seu acceso e participación na presente promoción así como poder informarlle por calquera medio sobre produtos, promocións e servizos con fins publicitarios e de prospección comercial, así como para o uso interno dos mesmos e o envío de comunicacións (a través de chamadas telefónicas, mensaxes sms, mms e correo electrónico) relativos aos aspectos anteriores. Así mesmo, o tratamento de datos incluirá a realización de perfís, segmentacións e enquisas. A realización de tratamentos con fins publicitarios e de prospección comercial implicará facer chegar, por calquera medio información, publicidade e promocións comerciais da ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS //EMGROBES//.

O consentimento para o tratamento dos datos para as finalidades informadas entenderase prestado de forma manifesta e inequívoca mediante a comunicación dos datos a través da participación nas campañas promocionais tanto a través da web como calquera outro soporte físico.

Os participantes poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante comunicación escrita via e-mail a emgrobes@emgrobes.org ou enviando ao enderezo Luis casais nº 1-1º 36980 O Grove, Pontevedra (Teléfono de contacto: 986 73 20 11).

A ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS //EMGROBES// adoptará as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade e integridade dos datos, así como para evitar a súa alteración, pérdida, tratamento ou acceso non autorizado.

CESIÓN DE DEREITOS DE IMAXE

Os gañadores desta promoción autorizan á ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS //EMGROBES//, a reproducir, utilizar e difundir o seu nome, apelidos, enderezo e imaxe en calquera actividade publicitaria e/ou promocional que esté relacionada con esta promoción, todo elo en calquera medio e sen que ditas actividades lles confira dereito de remuneración ou beneficio algún coa excepción feita da entrega do premio gañado conforme a estas bases. A cesión inclúe todos os dereitos de reproducción, transformación, distribución e comunicación pública da grabación ou imaxes captadas, sen limitación de tempo nin territorio.

11. ACEPTACIÓN DAS BASES

A participación na presente promoción supón a aceptación íntegra das presentes bases e a sumisión expresa das decisións interpretativas que das mesmas efectúe A ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS //EMGROBES//. Para verificar esta aceptación ao participante solicitarase a aceptación expresa no momento de validación de códigos. No caso de diverxencia entre os participantes na promoción e a interpretación das presentes bases pola ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS //EMGROBES//, serán competentes para coñecer dos litíxios que poidan plantexarse os Xulgados e Tribunais de Cambados, renunciando expresamente os participantes desta promoción ao seu propio fuero, de resultar distinto ao aquí pactado.

En O Grove a 10 de abril de 2019

Descargar Bases